“Celso García de la Riega e Colón: Relatorio dunha infamia”

CONFERENCIA

Celso García de la Riega

Celso García de la Riega

O luns, 4 de febreiro de 2013

As 20:00  no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), entrada libre.

CONFERENCIANTE

Guillermo García de la Riega

Guillermo García de la Riega Bellver

(bisneto e biógrafo de Celso García de la Riega.

Investigador Coloniano. Membro da Asociación Cristóbal Colón Galego)

INTERVEÑEN

José Carlos Valle Pérez

Carlos Valle

(director do Museo de Pontevedra)

Margariña Valderrama

Margariña Valderrama

(catedrática de Historia) 

O Ateneo de Pontevedra e a Asociación Cristóbal Colón Galego organizan, con motivo do 99 aniversario do pasamento do intelectual pontevedrés, a conferencia Celso García de la Riega e Colón: relatorio dunha infamia, impartida por Guillermo García de la Riega Bellver, bisneto e biógrafo de Celso García de la Riega. O acto terá lugar o vindeiro luns 4 de febreiro, ás 20 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. O conferenciante estará acompañado por Carlos Valle (director do Museo de Pontevedra) e Margariña Valderrama (catedrática de Historia).

Sinopse da conferencia

Coa aparición da Tese da posible orixe galega de Cristóbal Colón, por don Celso García de la Riega, Pontevedra e os seus estamentos políticos e sociais emprenden unha gran corrente de recoñecemento e gabanza ao labor e figura do prolífico político, investigador, escritor, debuxante, etc.

Pero, aínda no seu leito de morte, unha corrente de intelectuais, empezan a tramar unha vinganza ¡quizais por envexa! ¡quizais por falta de escrúpulos! que aínda non foi tratada nin estudada a fondo ata os nosos días.

Por enriba de disputas ou discrepancias de índole histórico, político ou persoal, o ataque máis feroz, incomprensible e encarnizado centrouse en descualificar a TEORIA COLONIANA por el suscitada. Un ataque, que cegou para sempre -ante o Mundo- a posibilidade de ser hoxe Galicia, máis concretamente Pontevedra, “La Génova del Descubrimiento”.

Este descrédito, arrástrao -sen razón- ata os nosos días, e a súa personalidade e fructífera vida, vagan no recordo da xa distante prensa escrita, actas municipais ou cartas persoais. Mentres a súa avanzada Teoría Galega da orixe de Cristóbal Colón, non pasa nos libros dun mero “demostrouse que os documentos estaban falsificados”, “quedando invalidada”.

Don Celso García de la Riega, faleceu o 3 de febreiro de 1914, poucos días logo de publicarse en Madrid a súa obra “Colón Español. Origen y patria”, e lamentándose de que a súa avanzada idade non lle deixase forzas para seguir achegando documentos.

O seu bisnieto, investigador da súa figura e da súa obra, 99 anos máis tarde, acenderanos unha luz que nos axude a comprender e situar ao personaxe e a súa obra. Facendo un percorrido cronolóxico polos diferentes episodios e personaxes que influíron cos seus desacertos en deixar no maior dos ostracismos a unha das principais figuras históricas de finais do XIX e principios do XX, e a unha das Teorías con máis fundamentos sobre a Orixe de Cristóbal Colón.

ORGANIZAN

Asociación

Ateneo de Pontevedra

COLABORAN

Museo e Deputación de Pontevedra

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: