O documental da TVG “Colón galego?”, a emisión na Tvg2 mércores as 23:55

Para os que non podan estar no preestreno en Pontevedra. As 23.55 horas, a segunda canle da Galega estreará este traballo realizado por Ángel Peláez

Colon documentalSantiago, 09.10.2013.- O documental “Colón galego?” preséntase este mércores, ás 20.00 horas, en Pontevedra. Producido por ComunicArte para a Televisión de Galicia e dirixido por Ángel Peláez, indaga en todas as teorías e estudos que existen, desde principios do século XX ata a actualidade, sobre a orixe galega de Cristovo Colón.

Nesta produción interveñen prestixiosos historiadores e expertos no tema, como Cristóbal Colón de Carvajal y Gorosábel, descendente do descubridor, Rodrigo Cota, Ramón Villares, Xosé Fortes, Rafael López Latorre e José Basanta, entre outros.

Angel Pelaez

Ángel Peláez guionista e realizador do documental

“Colón galego?” foi gravado en distintas localizacións de Pontevedra, Baiona, Santiago, no Museo Naval de Madrid, na Casa Museo de Colón de Poio e no Mosteiro de Poio.

Pola súa parte, a segunda canle da Galega, a tvG2, estreará ás 23.55 horas este documental, tras a súa presentación no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Fonte: http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/o-documental-da-tvg-colon-galego-que-pescuda-nas-teorias-sobre-a-orixe-do-descubridor-presentase-este-mercores-en-pontevedra

Anuncios

5 responses to “O documental da TVG “Colón galego?”, a emisión na Tvg2 mércores as 23:55

  • carlos

    Vin onte o documental Colon Galego? na tvg2, e non me gustou, pareceume cutre, rancio, e non aporta nada do que xa se sabe. Fáltalle frescura e xuventude. As intervencións dos “expertos” eran con voz temblorosa e parecía que non se crían moito o que estaban contando. Cero en credibilidade. Ah, por certo, onde estaban as opinións dos profesores da Facultade de Historia da USC, non vin nin o primeiro. Ningún respaldo por parte das institucións universitarias.

  • Asociación Cristóbal Colón Galego

    Ola Carlos, grazas polo teu comentario: “A Área de Historia do Dereito e das Institucións da USC organizará a vindeira semana unha mesa redonda na que se debaterá sobre a orixe de Cristobal Colón. No Salón de Graos da Facultade de Dereito o martes 15 e con entrada libre, a mesa desenvolverase baixo o lema ‘A teoría da orixe galega de Cristobal Colón’ e contará coa presenza de Guillermo García de la Riega Bellver, Modesto Manual Doval Montes e Eduardo Esteban Meruéndano, considerados tres destacados defensores da orixe galega de Colón, moderados pola profesora de Historia do Dereito Mª Teresa Bouzada.”

  • xan carballa

    A que hora é??

    • Suso Sanmartin

      Se polo que perguntas é pola hora à que se celebra a mesa redonda na Faculdade de Direito da USC, Xan Carballa, na agenda do El Correo Gallego acabei de ler que é às 19h00. Um saúdo.

  • Asociación Cristóbal Colón Galego

    Ola Xan, foi o pasado mércores e xoves. E ainda non está na programación á carta da Tvg.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: