Archivo de la etiqueta: Televisión de Galicia

O Explorador trata con rigor el origen galego de Colón: “Descubrindo o descubridor”.

Estupendo el capítulo dedicado al origen galego de Colón. Una producción de Vudú Films para Televisión de Galicia, en un nuevo capítulo de la interesante serie de O Explorador.

Destaca el planteamiento directo y sin florituras sobre los datos y personajes. Sobrio, pero contundente, en una primera aproximación a la teoría. Parabéns a Joaquín PedridoRicardo Llovo y a su equipo.

El capítulo se vuelve a emitir mañana sábado a las 10:15 de la mañana.

Para ver el documental clica en la imágen

O explorador colón galego

O EXPLORADOR “Descubrindo o descubridor”.

O descubrimento de América foi unha das casualidades máis afortunadas e determinantes da historia da Humanidade. E o seu artífice, un home enigmático. Que sabemos, de certo, sobre Cristovo Colón? “O Explorador” da TVG, que indaga sobre feitos históricos dos que temos un coñecemento xenérico pero que seguen a albergar zonas de sombra, investigará esta noite a posible orixe galega de Colón, no capítulo da serie documental titulado “Descubrindo o descubridor”.

A figura do almirante máis famoso da historia segue envolta no misterio. A única referencia á súa orixe atópase nun documento de 1498 en que afirma ser xenovés, pero que moitos historiadores cuestionan desde hai anos. E, nos escasos documentos que se conservan, Colón manéxase mellor en Castelán ca en italiano.

No seu percorrido desta noite, Sergio Zearreta, que lle dá vida ao personaxe de “O Explorador”, intentará buscarlles resposta ás numerosas lagoas que existen sobre a orixe do Descubridor: por que Colón bautiza as primeiras terras que descobre con nomes galegos? Por que, sendo italiano, apenas coñecía ese idioma? É o almirante descendente dos Colón, pontevedreses desde o século XIV? Son auténticos os documentos que cimentaron esta teoría? Oculta a súa peculiar sinatura o segredo da estirpe galega do mariño?.

“O Explorador” revisará, entre outras, as teorías dos investigadores Celso García de la Riega e Alfonso Phillipot, que aseguran que naceu en Poio. Xénova, Cataluña, Baleares, Portugal, Sevilla… Non son poucos os lugares que se disputan a orixe de Cristovo Colón, pero o espazo da TVG descubrirá que ningunha teoría semella achegar tantos datos concordantes como a do “Colón Galego”.

Fonte: TVG