Archivo de la etiqueta: Tvg

Entrevistas previas al estreno del documental “Colón galego?”

Aquí os dejamos los enlaces de las entrevistas previas al preestreno y estreno del documental Colón galego?, producido por ComunicArte y escrito y dirigido por Ángel Peláez para Tvg.

Entrevista TVG

Entrevista en Tvg a Ángel Peláez

Preestreno Pontevedra

Entrevistas varios minutos ates de la proyección

Anuncios

O documental da TVG “Colón galego?”, a emisión na Tvg2 mércores as 23:55

Para os que non podan estar no preestreno en Pontevedra. As 23.55 horas, a segunda canle da Galega estreará este traballo realizado por Ángel Peláez

Colon documentalSantiago, 09.10.2013.- O documental “Colón galego?” preséntase este mércores, ás 20.00 horas, en Pontevedra. Producido por ComunicArte para a Televisión de Galicia e dirixido por Ángel Peláez, indaga en todas as teorías e estudos que existen, desde principios do século XX ata a actualidade, sobre a orixe galega de Cristovo Colón.

Nesta produción interveñen prestixiosos historiadores e expertos no tema, como Cristóbal Colón de Carvajal y Gorosábel, descendente do descubridor, Rodrigo Cota, Ramón Villares, Xosé Fortes, Rafael López Latorre e José Basanta, entre outros.

Angel Pelaez

Ángel Peláez guionista e realizador do documental

“Colón galego?” foi gravado en distintas localizacións de Pontevedra, Baiona, Santiago, no Museo Naval de Madrid, na Casa Museo de Colón de Poio e no Mosteiro de Poio.

Pola súa parte, a segunda canle da Galega, a tvG2, estreará ás 23.55 horas este documental, tras a súa presentación no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Fonte: http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/o-documental-da-tvg-colon-galego-que-pescuda-nas-teorias-sobre-a-orixe-do-descubridor-presentase-este-mercores-en-pontevedra